ALCALDÍA
Unha boa Administración electrónica, explicou, debe responder a "uns presupostos que definen tamén a bondade dunha Administración pública eficaz": planificación, novas técnicas de xestión, liderado, xestión do cambio, formación e soporte internos e seguimento.
No caso do Concello de Santiago, Agustín Hernández indicou que "se deron algúns avances no desenvolvemento dos Servizos Públicos Dixitais", pero "aínda son moi escasos os trámites que se poden realizar e unha decena de solicitudes (para actos na vía pública, certificado de convivencia ou autorizacións para vehículos ou itinerarios de transporte escolar)". Neste sentido, tamén apuntou que "outros recursos atópanse dispersos polo portal do Concello, como descargas de formularios, información para a tramitación ou buzón para o cidadán, entre outros".
Ante isto, fixo como "materia pendente" a de "configurar unha verdadeira Administración electrónica, que permita á súa vez implantar a tramitación administrativa por vía telemática". Esa tarefa, explicou, pasa primeiro pola "adecuación das estruturas organizativas ao novo modelo de traballo e lograr o compromiso e a implicación dos diferentes departamentos e axentes relacionados coa tramitación electrónica". Así, referiuse ao cambio en modelos organizativos internos, con criterios de eficacia na xestión e cunha xerarquización que fomente os incentivos e aumente a motivación. Valorou a cualificación do persoal municipal, pero falou dunha "estrutura organizativa do século pasado".
Para o alcalde, este "non é un traballo doado", pero considerou necesario abordar "un plan de modernización para poder garantir a máxima calidade, eficiencia e efectividade no desempeño do servizo público que temos encomendado, tanto os políticos como os profesionais do ámbito local".
Novas aplicacións e servizos
No eido tecnolóxico, estimou imprescindible "implantar de forma plena a modernización e o uso das novas tecnoloxías no marco dunha verdadeira Administración electrónica". Nesta dirección, anunciou que se levará a cabo unha actualización do material informático existente e se procederá á incorporación de novos servizos.
Entre os novos servizos a implantar a curto prazo citou as novas aplicacións para dispositivos móbiles (para denuncias cidadás ou información do transporte público) ou a posta en servizo de trámites fundamentais como a factura electrónica, grazas á adhesión á plataforma creada pola Administración do Estado, co obxectivo de que a integración de servizos coas aplicacións municipais estea completada no inicio de 2015.
Tamén se está traballando no eido da licitación electrónica. "Santiago será a primeira cidade, xunto coa Deputación de Pontevedra, en sumarse á plataforma de licitación electrónica da Xunta de Galicia, para cubrir todos os procesos de contratación pública entre os licitadores e a administración: dende a publicación dos pregos ata a adxudicación do contrato, con posibilidade de solicitar aclaracións e información complementaria", explicou Agustín Hernández.
Outra das posibilidades que estará proximamente a disposición dos cidadáns na sede electrónica será a do acceso a aqueles servizos que precisen autenticación tanto dos cidadáns como da administración. Na actualidade, estase na fase de adaptación da sección electrónica aos requisitos normativos, para así permitir trámites como o rexistro telemático de documentos, a validación de documentos, a consulta de expedientes, as notificacións electrónicas ou a sinatura electrónica,. En relación a esta última, o alcalde apuntou que "estase traballando na implantación da ferramenta corporativa da Xunta de Galicia, chamada Portasinaturas, para a sinatura electrónica de documentos en formato PDF".
Reestruturación espacial
Outra das liñas de traballo pare mellorar a atención aos cidadáns pasa, segundo Agustín Hernández, pola reestruturación espacial para a prestación dos servizos. Nesta materia, referiuse á dispersión de servizos municipais no propio Concello de Santiago, que "mantén 17 locais en alugueiro, para diversos servizos de administración xeral, urbanismo, facenda ou mesmo para centros socioculturais, cuns alugueiros que supoñen 236.718 euros ao ano, mentres se dispón de locais municipais que, coas reformas precisas, poderían albergar algúns destes servizos".
"A cuestión dos locais habería que encadrala nunha estratexia a curto e medio prazo na que se tivese en conta tamén unha redistribución de servizos para unificar nun mesmo lugar as dependencias de cada departamento", engadiu, apuntando a conveniencia de "aproximar aqueles departamentos con materias relacionadas, o que redundaría non só en beneficio da cidadanía, senón tamén da propia Administración".
A este respecto, o rexedor municipal lamentou a "incomodidade e o desatino que supón, dende o punto de vista organizativo, ter que peregrina dun lado a outro de Santiago na procura de tramitar calquera documento. Esta situación repercute directamente na duración dos propios trámites administrativos, que se ven dilatados por non haber unha mínima concentración de servizos".
Fronte a isto, aposta por traballar en prol da "unificación de todos os recursos patrimoniais do Concello baixo unha única dirección, para lograr un maior control do patrimonio, xestionar con maior eficacia os recursos e lograr así un considerable aforro nos alugueiros que ten que afrontar anualmente o Concello".
O alcalde considera necesario un "plan de modernización" e a "adecuación das estruturas organizativas" para lograr unha "verdadeira Administración electrónica"
30/09/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou o Foro Modernización e Calidade na Administración Local, organizado polo Grupo Correo Gallego no Hotel Monumento San Francisco. Na súa intervención falou sobre implantación da Administración electrónica no Concello de Santiago, apostando por "estruturas máis operativas e eficientes", un plan de modernización e a "reestruturación espacial" da prestación dos servizos.
Agustín Hernández destacou a importancia que na actualidade ten a Administración electrónica para "mellorar e potenciar a accesibilidade e a transparencia, poñendo á disposición dos actores sociais os medios que lles permitan interactuar por medios electrónicos coa Administración". Esta ferramenta, dixo, "debe ser completada cos Servizos Públicos Dixitais, que poñen a disposición da cidadanía esa xestión mellorada pola Administración electrónica".Unha boa Administración electrónica, explicou, debe responder a "uns presupostos que definen tamén a bondade dunha Administración pública eficaz": planificación, novas técnicas de xestión, liderado, xestión do cambio, formación e soporte internos e seguimento.