EDUCACIÓN
Os grupos seleccionados para participar neste certame serán ao mesmo tempo Grupo Anfitrión, encargado de acoller e ensinar a súa cidade a outro grupo de escolares procedente doutra Cidade Patrimonio distinta da súa, e Grupo Visitante, que viaxará a outra cidade das 15 que forman o Grupo. Preténdese que a clase elixida como anfitrioa realice un labor de guía turístico e cultural do alumnado visitante, logo de traballo de recompilación de documentación e investigación, relacionando este labor divulgativo con outros temas transversais educativos cono son a convivencia, a erradicación da violencia, o perigo do consumo de drogas e alcohol, o fomento da lectura, a creatividade, etc.
Os destinatarios do programa na súa segunda edición son grupos de escolares de centros de 6º curso de Educación Primaria públicos, privados e concertados das 15 cidades que forman o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Os centros que estean interesados en participar deberán solicitalo a través do Departamento de Educación do seu Concello, enviando antes o 31 de outubro un formulario de inscrición xunto cunha proposta de traballo a desenvolver en torno ao tema "O Patrimonio e o uso das novas tecnoloxías".
As bases e o formulario de inscrición pódense descargar aquí.
A participación no programa é gratuíta, de maneira que os gastos da viaxe do grupo (transporte, aloxamento e manutención) á cidade asignada, que terá lugar no mes de marzo de 2015, correrán por conta do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
Aula de Patrimonio é unha actividade organizada pola Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, dentro da súa Área de Educación. Esta comisión está presidida pola alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, e formada polos concelleiros de Educación e Cultura das 15 cidades que forman a rede.
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 1993 cuxo obxectivo é actuar de xeito conxunto na defensa do patrimonio cultural e a promoción turística das cidades que o compoñen: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida,Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta a segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"
29/09/2014 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola UNESCO, todo iso a través da realización de actividades didácticas en torno á súa cidade, dirixidas polo seu profesorado, e a participación en viaxes culturais a outras Cidades Patrimonio.
As 15 cidades membros do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda), a través dos seus concellos, cumpren unha función promotora deste programa, ofrecendo aos grupos participantes actividades educativas baseadas nos seus propios recursos, que permitirán fomentar entre os escolares unha actitude de cidadanía activa, promovendo o coñecemento e goce do patrimonio excepcional da cidade na que viven.Os grupos seleccionados para participar neste certame serán ao mesmo tempo Grupo Anfitrión, encargado de acoller e ensinar a súa cidade a outro grupo de escolares procedente doutra Cidade Patrimonio distinta da súa, e Grupo Visitante, que viaxará a outra cidade das 15 que forman o Grupo. Preténdese que a clase elixida como anfitrioa realice un labor de guía turístico e cultural do alumnado visitante, logo de traballo de recompilación de documentación e investigación, relacionando este labor divulgativo con outros temas transversais educativos cono son a convivencia, a erradicación da violencia, o perigo do consumo de drogas e alcohol, o fomento da lectura, a creatividade, etc.