ECONOMÍA
Mellorar e medrar en Santiago Norte ten dúas liñas fundamentais de actuación. Por unha banda, contará cunha liña de subvencións a emprendedores e a empresas en funcionamento que vaian a ampliar o seu negocio. Por outra banda, haberá múltiples actividades de capacitación e encontro para mellorar as habilidades de xestión empresarial dos emprendedores.
O programa de axudas conta cun orzamento de 65.000 euros, que se divide en dous apartados. Haberá 30.000 euros para o programa de axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a implantación de tecnoloxías da información e a comunicación e 35.000 euros para o programa de axudas para a creación de novas empresas ou a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro.
Mellorar e medrar en Santiago Norte conta tamén con diversas actividades de capacitación empresarial e de encontro. Por un lado, faranse ata 40 avaliacións personalizadas de modelos de negocio por parte do Servizo de Apoio á Empresa do Concello. Vinte prazas serán para facer análises polo miúdo do modelo de negocio, dez para facer diagnoses do punto de venda para locais comerciais, e outras dez para facer diagnoses de negocios do sector da hostalería e restauración.
Dentro de Mellorar e Medrar en Santiago Norte desenvolveranse tamén seminarios nos que se analizarán a construción da marca persoal e a súa xestión, mesas redondas nas que as persoas emprendedoras poderán compartir e contrastar as súas experiencias con empresas xa establecidas e de referencia e seminarios centrados en distintos temas: creatividade, motivación, asertividade, oratoria, negociación, xestión do tempo...
Toda a información sobre Mellorar e Medrar en Santiago Norte pode consultarse na páxina web de Urbana Santiago Norte ou nos teléfonos 981 543 196 e 981 542 493.
O Concello dedica 65.000 euros a subvencións empresariais no programa Urbana Santiago Norte
29/09/2014 A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi o programa de axudas á creación e modernización de empresas dentro do proxecto Urbano Santiago Norte, dotado cun orzamento de 65.000 euros. Estas axudas enmárcanse nunha iniciativa máis ampla, denominada Mellorar e medrar en Santiago Norte, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro e que está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
A iniciativa Mellorar e medrar en Santiago Norte está destinada ao empresariado da Zona Urbana Santiago Norte así como ás persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial neste ámbito do Concello, formado polos barrios de Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almaciga, San Pedro, Concheiros, Belvis e Quiroga Palacios.Mellorar e medrar en Santiago Norte ten dúas liñas fundamentais de actuación. Por unha banda, contará cunha liña de subvencións a emprendedores e a empresas en funcionamento que vaian a ampliar o seu negocio. Por outra banda, haberá múltiples actividades de capacitación e encontro para mellorar as habilidades de xestión empresarial dos emprendedores.