ALCALDÍA
Estas obras compleméntase ademais con outras igualmente necesarias para o normal inicio do curso escolar 2014-2015, como desratización e desinsectación, mantemento de zonas verdes, revisión e mantemento eléctrico e limpeza xeral.
CEIP Vite
O primeiro colexio visitado por Agustín Hernández esta mañá foi o CEIP Vite, ondese se investiron 10.732 euros en obras de mantemento. Neste centro, que acolle a 190 alumnos e alumnos, melloráronse os baños (reparación de inodoros e lavabos), a carpintería (selado de fiestaras do almacén do pavillón deportivo, instalación de malla mosquiteira no mesmo e illamento de tuberías de calefacción) e a cristalería (reposición de fiestras e do vidro do lucernario do vestíbulo).
Ademais, colocáronse novas papeleiras no patrio; montáronse canastras e redes de voleibol; reparáronse o muro de peche e o peche da zona verde; nivelouse o terreo no exterior do pavillón para evitar a entrad de auga, limpáronse canlóns e baixantes; colocouse o bordo de formigón no estacionamento e retellouse parte da cuberta do colexio. Está previsto que as obras rematen mañá venres.
CEIP Lamas de Abade
O seguinte CEIP visitado foi o Lamas de Abade, un centro que conta con 440 alumnos e alumnas (50 máis que no pasado curso) e que incorpora para a nova temporada académica unha unidade de educación infantil e outra de primaria. O investimento neste colexio foi de 15.466 euros.
As obras realizadas foron: colocación de pavimento de linóleo na nova aula de educación infantil; reparación de inodoros, instalación de nova pechadura de seguridade na porta de acceso ao recinto; limpeza e pintado de paramentos interiores e exteriores; reparación de pezas en lavabos; reparación da rampla de acceso de discapacitados; peche dun fronte do patio cuberto; eche de ocos do almacén mediante reixas de aceiro; subministro de area para o areeiro do patio; reparación do peche da parcela; e reposición de alicatados nos baños, de vidros nas escaleiras e da baixante de pluviais do patio cuberto.
Escola Infantil de Conxo
A última parada de Agustín Hernández nesta primeira rolda de visitas aos equipamentos escolares foi a Escola Infantil Municipal de Conxo. Cómpre lembrar que esta garderia conta con 4 unidades e 61 prazas a tempo completo.
As obras nesta Escola teñen un custo de 15.592 euros e inclúen a protección de luminarias na cociña; a substitución das portas dos armarios dos cadros eléctricos; o selado de carpinterías, a limpeza e pintado de paramentos interiores, o pulido de pisos de madeira, a substitución de apliques de luz no patio exterior e o acondicionamento do areeiro exterior. Ademais, colocáronse mosquiteiras nas fiestaras da cociña e estores enrollables, e reparáronse inodoros e lavabos nos aseos.
13 CEIP, 3 escolas rurais e 6 escolas infantís
O Concello de Santiago conta cunha rede pública de 13 centros de educación infantil e primaria (CEIP): Casas Novoa, Vite, Lamas de Abade, Pío XII, Ramón Cabanillas, Raíña Fabiola, Fontiñas, Cardeal Quiroga Palacios, López Ferreiro, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Roxos-Villestro e Apóstolo Santiago.
Dispón igualmente de tres escolas rurais: Gaioso-Eixo, Sisto-Marrozos e Rial-Laraño. En canto ás seis escolas infantís, tres son de titularidade municipal (Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños) e outras tres son co-xestionadas co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (San Roque, Tambre e Tras Parlamento). Cada unha delas conta con 4 unidades e 61 prazas a tempo completo, agás Meixonfrío-Salgueriños que conta con 9 unidades e 123 prazas, o que fai un total de 428 prazas a tempo completo.
O Concello destina máis de 300.000 euros a acondicionar os centros escolares durante o verán para o inicio do curso 2014-2015
28/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Educación, María José Corral, visitou esta mañá tres dos centros escolares incluídos no plan de obras do verán que está a executar a Concellería de Educación: CEIP Vite, CEIP Lamas de Abade e Escola Infantil de Conxo. Este programa de traballos e outras tres obras complementarias suporán un investimento de máis de 300.000 euros.
Este plan de obras do verán foi adxudicado por un importe total de 219.703 euros e afecta a 24 equipamentos educativos: 13 colexios de educación infantil e primaria, tres escolas rurais, seis escolas infantís, a Escola Municipal de Música e o Centro de Interpretacion do Medio Rural da Portela. Malia que non están incluídas neste programa, tamén realizarán obras de substitución da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento e mellorarase a climatización da Escola Infantil do Tambre.Estas obras compleméntase ademais con outras igualmente necesarias para o normal inicio do curso escolar 2014-2015, como desratización e desinsectación, mantemento de zonas verdes, revisión e mantemento eléctrico e limpeza xeral.