ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse en Raxoi coa Asociación de Veciños Amigos de San Pedro
27/08/2014 O alcalde compostelán mantivo unha reunión no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños Amigos de San Pedro. Estes explicáronlle de primeira man a Agustín Hernández as principais problemáticas que afectan ao barrio e as súas propostas de mellora para o mesmo.
Con este encontro continuou a rolda de contactos que está a manter o alcalde coas diferentes asociacións veciñais dos barrios e parroquias de Santiago. Na reunión tamén participou o concelleiro de Relacións Veciñais e Medio Rural, José María Rosende.