CULTURA

Rudi Dudi, risas aseguradas nunha nova xornada de Verán na Rúa

27/08/2014 Rudi Dudi volve a ter unha cita co público de Santiago de Compostela dentro do programa Verán na Rúa. Será este xoves 28 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, con entrada libre.

Antes de nada había un tambor e unha voz, falando da alegría, da dor e do amor. Un ritual para que a xente se deitase todas as noites coa esperanza. María Callas e Elvis, Bob Marley e Michael Jackson, Madonna e Lady Gaga, e moitos máis, mantiveron este ritual ata o día de hoxe; pero esta vez farao Rastafarudi. Así se chama un espectáculo que combina música en vivo, malabarismos absurdos, coreografías en tutú e moita risa, todo nado da experiencia e do gran corazón de Rudi Dudi.

Compartir: