ALCALDÍA
Esta intervención completarase no mes de setembro con outra, que realizará a Brigada de Vías e Obras do Concello, grazas á cal se mellorarán as pasarelas e paseos de zahorra e se repararán danos nos sendeiros do río Sarela. Os traballos iniciaranse a finais de mes e serán executados durante uns 30 días.
Mantemento anual
As rozas realizadas nas marxes do Sarela están incluídas no novo servizo de roza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viario, carreiros fluviais e parcelas municipais, adxudicado recentemente por un importe de 230.000 euros e para os anos 2014 e 2015.
Os traballos de roza empezaron o 8 de agosto e xa se concluíron nas parroquias de Laraño, Figueiras, Santa Cristina de Fecha, Aríns e Grixoa, sobre un total de 79 quilómetros de vieiros. Atópanse a un 70% de execución as rozas en Villestro, San Xoán de Fecha, O Eixo, Marrozos, Angrois e Sar.
Os labores son realizados por cinco equipos, compostos por un tractor e unha persoa cun equipo manual para rozas en rebordos e sinais. Fan recollida do material en cunetas e medias canas.
Ademais destes traballos de roza, o alcalde lembrou tamén o investimento de máis de 500.000 euros no acondicionamento de 37 pistas de 17 parroquias do rural, con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2014).
Acondicionado un tramo de catro quilómetros das marxes do río Sarela
27/08/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, percorreu un tramo do sendeiro que percorre as marxes do río Sarela para comprobar as últimas actuacións de acondicionamento realizadas. Executáronse rozas nuns catro quilómetros do sendeiro, entre o vello curtidoiro da Pontepedriña de Arriba (O Avío-Romaño) e a Ponte Vella de Vidán. Estes labores serán complementados con outros de mellora dalgunha pasarela e dos camiños de zahorra.
Esta intervención permitiu a habilitación do sendeiro a carón do río dende O Avío ata Lermo polas dúas marxes, durante uns 570 metros, rozando un metro a cada lado do camiño. Actuouse sobre unha marxe nos tramos comprendidos entre Lermo e Santa Isabel (1.300 metros), entre Carme de Abaixo e Santaló (1.200 metros) e entre Ponte Sarela e Vidán (530 metros). Os traballos incluíron o corte e a retirada de cinco árbores que estaban caídos sobre o sendeiro.Esta intervención completarase no mes de setembro con outra, que realizará a Brigada de Vías e Obras do Concello, grazas á cal se mellorarán as pasarelas e paseos de zahorra e se repararán danos nos sendeiros do río Sarela. Os traballos iniciaranse a finais de mes e serán executados durante uns 30 días.