PLENO

Os retratos dos Reis de España, doados por Rafael Masiá, presiden xa o salón de plenos

31/07/2014 O salón de plenos do Pazo de Raxoi conta xa con retratos dos novos Reis de España, Don Felipe e dona Letizia, doados polo artista compostelán Rafael Romero Masiá. Os cadros substitúen aos de Don Juan Carlos e dona Sofía, que tamén foran realizados polo mesmo pintor.

Os lenzos das Súas Maxestades xa estaban colocados no salón de plenos o 25 de xullo, con motivo da visita que realizaron ao Concello tras realizar a Ofrenda Nacional ao Apóstolo. Os retratos están feitos cunha técnica mixta sobre táboa.

Compartir: