ALCALDÍA
Convencido de que, para Santiago, a Volta é "unha grande oportunidade de promoción en moitos ámbitos; no deportivo, no cultural no turístico e, en definitiva, no económico", valorou que tamén esta proba sirva para "fortalecer a afección a unha disciplina que ocupa o 6º lugar de España en número de licencias e o 5º lugar en número de clubs". Na súa opinión, ao arraigo do ciclismo en Galicia contribúe que "valores fundamentais no ciclismo como a constancia, o sacrificio ou o traballo duro e en equipo forman parte esencial do ADN do pobo galego".
Destacou que, Santiago será tamén para a Volta a España o "final dun longo camiño". O seu gañador, indicou, "converterase nunha sorte de peregrino sobre rodas que, como tantos centos de miles que visitan Santiago, nunca poderá esquecer unha experiencia na que o esforzo e o sacrificio se ven recompensados ao chegar á meta do Obradoiro".
O alcalde salienta as oportunidades de promoción que ofrece para Santiago a finalización da Volta Ciclista a España
31/07/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, destacou a oportunidade de promoción deportiva, cultural e turística que supón para Santiago ser fin da Volta Ciclista a España 2014. Así o indicou na presentación da proba celebrada este xoves na Cidade da Cultura.
Agustín Hernández agradeceu á organización da Volta Ciclista a España ter concedido a Santiago o "privilexio" de converterse, por segunda vez na historia, en meta da última etapa da proba. Lembrou a anterior vez, en 1993, Ano Santo, e expresou a súa satisfacción porque Compostela sexa novamente "o máis importante referente da carreira".Convencido de que, para Santiago, a Volta é "unha grande oportunidade de promoción en moitos ámbitos; no deportivo, no cultural no turístico e, en definitiva, no económico", valorou que tamén esta proba sirva para "fortalecer a afección a unha disciplina que ocupa o 6º lugar de España en número de licencias e o 5º lugar en número de clubs". Na súa opinión, ao arraigo do ciclismo en Galicia contribúe que "valores fundamentais no ciclismo como a constancia, o sacrificio ou o traballo duro e en equipo forman parte esencial do ADN do pobo galego".
Destacou que, Santiago será tamén para a Volta a España o "final dun longo camiño". O seu gañador, indicou, "converterase nunha sorte de peregrino sobre rodas que, como tantos centos de miles que visitan Santiago, nunca poderá esquecer unha experiencia na que o esforzo e o sacrificio se ven recompensados ao chegar á meta do Obradoiro".