ALCALDÍA

O alcalde cualifica de "moi positivo" para a cidade o anuncio de Ruiz-Gallardón de manter a demarcación xudicial de Santiago

31/07/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, valorou e cualificou de "moi positivo" o anuncio feito polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón de manter a demarcación xudicial de Santiago. Así, expresou a súa satisfacción porque "se tivera escoitado á sociedade civil nun asunto clave no futuro da cidade".

O Concello de Santiago recollera esta proposta no acordo plenario do 24 de abril, adoptado por unanimidade, no que se instaba ao Goberno central a que a nova Lei orgánica do poder xudicial contemplara o partido xudicial con tribunal de instancia para Santiago de Compostela, mantendo os servizos que ten na actualidade. Nesta dirección tamén se avanzara nunha reunión mantida o 17 de xullo cos decanos dos colexios de Avogados, Evaristo Nogueira, e de Procuradores, José Paz.

Agustín Hernández subliñou que con esta decisión se evitan prexuízos a Compostela e se mantén o tribunal de instancia cunha demarcación que non é provincial, mantendo Santiago os seus 14 xulgados actuais.

Compartir: