EDUCACIÓN
Un dos obxectivos deste programa de conciliación é que os participantes coñezan e gocen coa cidade na que viven. Con tal motivo programouse esta saída a un dos espazos naturais máis emblemáticos de Compostela, onde a cotío moitos composteláns viven o seu tempo de lecer.
O programa municipal de conciliación para o verán, organizado polo Departamento de Educación, ten continuidade entre o 1 e o 9 de setembro. Para esas datas aínda hai prazas dispoñibles. As familias interesadas poden descargar a información e a ficha de inscrición nesa web municipal ou chamar ao teléfono 981 554 400.
Clausurada a edición de xullo do programa de conciliación da Concellería de Educación
31/07/2014 As actividades do programa municipal de conciliación da Concellería de Educación quedaron clausuradas na súa edición de xullo cunha saída á Granxa do Xesto. A esta iniciativa, que se celebra no CEIP das Fontiñas, aínda que lle queda outra convocatoria en setembro.
A concelleira de Educación, María José Corral asistiu a estas actividades na Granxa do Xesto. Durante eta xornada final, preto de 80 pequenos e pequenas participaron nun gran xogo de pistas, no que debían atopar o trasno que vive no Monte Pedroso. De seguido, as familias participaron xunto cos seus fillos en diferentes xogos musicais tradicionais.Un dos obxectivos deste programa de conciliación é que os participantes coñezan e gocen coa cidade na que viven. Con tal motivo programouse esta saída a un dos espazos naturais máis emblemáticos de Compostela, onde a cotío moitos composteláns viven o seu tempo de lecer.