FESTAS
Música e fogos artificiais para despedir outra edición das Festas do Apóstolo
31/07/2014 As Festas do Apóstolo pecháronse, como é xa habitual, cos fogos fin de festa no Campus Sur. No aspecto musical, as celebracións concluíron coas propostas da Charanga Mekánika en Praterías, de La Maravillosa Orquesta del Alcohol no Atardecer no Gaiás, de Juan Perro & La Zarabanda na Quintana e a orquestra Olympus na praza do Obradoiro.
Tras unha animada tarde-noite coa Charanga Mekánika -que realizou un pasarrúas pola cidade histórica- Juan Perro & La Zarabanda, congregaron numeroso público na Quintana. Logo chegou o espectáculo pirotécnico e musical de fin de festa, realizado nesta ocasión por unha empresa galega, que puido verse dende diversas partes da cidade. E para concluír o Apóstolo, actuación da Orquestra Olympus na praza do Obradoiro.