TURISMO

A tapa "Crocante de arroz, perexil e sardiña macerada ao romeiro", do Restaurante O Ferro, gaña Tapéate Compostela

30/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participaron no Hostal dos Reis Católicos na gala final de Tapéate Compostela, na que os finalistas prepararon as súas tapas en directo.

O xurado decidiu que a tapa "Crocante de arroz, perexil e sardiña macerada ao romeiro" do Restaurante O Ferro, fora a gañadora desta edición de Tapéate Compostela. O segundo premio levouno o "Bocata de calamares" do Restaurante Acio e, o terceiro, o "Bonito con froitos vermellos" de A Tafona.

O premio do público foi para a tapa "A bateeira do Susos", do Restaurante Susos.

Compartir: