DEPORTES

Ábrese o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2014-2015

30/06/2014 Co fin de poñer en funcionamento as instalacións deportivas municipais (pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo…) para a vindeira tempada, a Concellería de Deportes pon en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico (principalmente as de competición e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto do martes 1 ao xoves 24 de xullo.

Esta oferta de uso das instalacións deportivas está dirixida a clubs federados, entidades deportivas e centros escolares que non posúan ningún tipo de instalación deportiva para o desenvolvemento da materia de Educación Física. No caso dos clubs e entidades deportivas, serán requisitos obrigatorios:

• Estar inscrito no rexistro municipal de asociacións dentro do prazo de solicitude.
• Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade para a que solicita a instalación (ou compromiso de contratalo no caso de que se lle conceda a instalación).

As solicitudes incompletas e as presentadas fóra de prazo atenderanse unha vez se realice o reparto xeral, e dentro das dispoñibilidades existentes.

Os formularios de solicitude están dispoñibles nas oficinas do Departamento de Deportes, nesta web e na do Departamento de Deportes.

As solicitudes deberán de presentarse en calquera dos rexistros do Concello de Santiago:
- Rexistro Xeral : rúa Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras).
- Rexistro Auxiliar do CERSIA Empresa: avenida do Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro).
- Rexistro Auxiliar do Ensanche: rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural).

Máis información: Departamento de Deportes, no 981 528 730 (de 9:00 a 14:00 horas).

Compartir: