ALCALDÍA
O Concello agarda que se produza un acordo entre a empresa e os traballadores que permita evitar o anuncio de folga, tal e como sucederá en xullo de 2013.
Os contactos entre a Alcaldía e a empresa concesionaria, cuxo contrato remata en 2015, continuarán este martes.
O alcalde traslada ao Comité de Empresa de Urbaser a necesidade de evitar unha folga do lixo en Santiago de Compostela
30/06/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, trasladou hoxe ao Comité de Empresa de Urbaser a necesidade de evitar unha posible folga do lixo en Santiago, que prexudicaría a imaxe da cidade nunhas datas de grande afluencia de turismo como son as Festas do Apóstolo.
O encontro tivo lugar esta tarde en Raxoi, nunha reunión convocada para coñecer os motivos da posible convocatoria dunha folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, a partires do día 14. Con anterioridade, a concelleira delegada, Reyes Leis, xa mantivera unha reunión con representantes da empresa co obxecto de coñecer a opinión de todos os implicados.O Concello agarda que se produza un acordo entre a empresa e os traballadores que permita evitar o anuncio de folga, tal e como sucederá en xullo de 2013.
Os contactos entre a Alcaldía e a empresa concesionaria, cuxo contrato remata en 2015, continuarán este martes.