CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornada de xogo e convivencia para celebrar o fin de curso sociocultural

28/06/2014 Arredor de 90 rapaces, inscritos nas actividades regulares dos distintos centros socioculturais dos barrios e parroquias de Santiago, gozaron dunha xornada de convivencia e xogo como remate do curso sociocultural, no marco do programa Vive o verán. A festa celebrouse no Local Sociocultural da Gracia.

A actividade comezou ás 12:00 horas cunha variada programación de xogos e dinámicas conducidas por un equipo de 12 monitores dos distintos centros socioculturais. Contouse tamén coa colaboración do grupo de capoeira do Centro Sociocultural de Vite, que amosou aos rapaces nocións básicas sobre esta danza. Pola tarde houbo unha ximcana de xogos.

Os nenos inscritos, con idades comprendidas entre os 5 e o 14 anos achegáronse ao Local Sociocultural da Gracia nun autocar disposto polo Concello. A participación na actividade era de balde e os nenos e nenas tiñan que traer a comida e a merenda.

Compartir: