FESTAS

Preto de dous mil maiores disfrutaron da súa festa no recinto feiral de Amio

31/05/2014 Celebrouse no recinto feiral de Amio a décimo sexta edición da Festa dos Maiores, que contou cunha asistencia de entre 1.800 e 2.000 participantes.

O alcalde compostelán, Ángel Currás, o concelleiro de Festas, Francisco Noya, e outros integrantes da corporación municipal achegáronse ata a festa para saudar os participantes. Este tradicional xantar, enmarcado nas festas da Ascensión, contou coa música do grupo D'Tacón. O menú estivo composto por empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro con patacas, trata de Santiago, café, pan e bebida.

A xornada de sábado das Festas da Ascensión veu cargada de actividades, como a celebración dunha nova edición do Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes, o día autonómico do Minibásquet ou o campionato de chave no parque da Alameda.

O estreo da obra Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño, no Centro Sociocultural de Santa Marta a cargo de Teatro de Cámara Ditea foi todo un éxito, con 150 asistentes.

Xa para a noite quedou o Santiago 40 Pop, coa actuación, entre outros de Antonio Orozco. O escenario, unha praza da Quintana completamente chea.

Compartir: