DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Despois do mes de fraguado que precisou a intervención no firme, esta mañá realizouse a comprobación de carga dos autobuses para confirmar a boa circulación sobre a rúa e volver abrir ao tráfico. Non obstante, inicialmente só poderán circular os autobuses e os servizos básicos, a partir da segunda semana de xuño.
Esta medida manterase ata que rematen as obras da rúa Basquiños, e unha vez finalizadas, a rúa de San Pedro abrirase completamente ao tráfico. Durante as obras na rúa Basquiños, tanto esta como a rúa Pastoriza permanecerán pechadas á circulación e os buses urbanos terán que empregar como itinerario a rúa Coímbra e a propia rúa de San Pedro.
A partir de mediados de xuño tamén se comezará a instalar o mobiliario urbano (bolardos e xardineiras). Será a parte final da remodelación da rúa, na que se manteñen as tres paradas de bus e se eliminda a zona de carga e descarga prevista para os veciños, segundo o acordo adoptado cos residentes. O Concello informaraos de todos os traballos realizados.
A rúa de San Pedro abrirase á circulación de autobuses e servizos básicos a segunda semana de xuño
28/05/2014 O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, achegouse ao barrio de San Pedro para comprobar as últimas probas que permitirán abrir ao tráfico a rúa. Incialmente só poderán circular autobuses e servizos básicos. Esta vía estivo pechada durantes varios meses por mor das obras de mellora da zona.
Tras varios meses de obras na calzada e na beirarúa do barrio de San Pedro, hoxe realizáronse as últimas verificacións para volver a abrir de novo ao tráfico esta rúa compostelá.Despois do mes de fraguado que precisou a intervención no firme, esta mañá realizouse a comprobación de carga dos autobuses para confirmar a boa circulación sobre a rúa e volver abrir ao tráfico. Non obstante, inicialmente só poderán circular os autobuses e os servizos básicos, a partir da segunda semana de xuño.