ECONOMÍA

Área Central acolle a quinta edición de Getting Contacts con 145 participantes

28/05/2014 A participación total, que superou as previsións iniciais, avala o modelo deste encontro empresarial organizado polo departamento de Economía do Concello.

A concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugurou a quinta edición de Getting Contacts en Santiago, que se celebra en Área Central. Nesta quinta edición participan 145 empresarios, emprendedores e profesionais. Os obxectivos de Getting Contacts son fortalecer ás empresas locais e axudar aos emprendedores que están comenzando no desenvolvemento do seu proxecto, facilitando os contactos e o networking, xerando novas oportunidades de negocio e abrindo as portas a novas inversións.

A primeira edición en Santiago de Getting Contacts celebrouse en xuño do 2012. Dende entón, máis de 500 persoas teñen participado nas catro edicións anteriores deste encontro empresarial. A previsión de participación nesta edición era de 125 persoas, pero ao final alcanzáronse ás 145, un dato que amosa a utilidade do modelo deste encontro empresarial, que aumenta a súa participación pese a que xa se teñen celebrado catro edicións nos últimos tres anos.

A organización de Getting Contacts garante que cada participante poderá entrevistarse cun mínimo de dez persoas con intereses comúns para atopar novos clientes e proveedores, novos socios e proxectos, mellorar a súa rede comercial ou atopar potenciais inversores. Isto é posible grazas a que no momento da inscrición, que é gratuita, cúbrese un o formulario no que os participantes precisan as súas necesidades e expectativas en base ás que se determinan as entrevistas máis interesantes para cada un dos participantes.

Compartir: