COMERCIO
Homes, mulleres e cativos coñecerán as tendencias imprescindibles para esta tempada en moda téxtil a través das marcas para todas as idades e estilos que presentarán A Reixa Tenda, Allegra, Celme, Core Surfing, Dándara, El Vestidor de Alicia, Freesite, LIOLIO, Locapormi, Lunares en Mayo, Mundaka World, Núa Moda, Patucos&Co, Kiedis e Simplemente Luna.
As zapaterías Severino, The Perfect Shoe e Zapatos MICMIC achegarán o calzado máis innovador para sentirnos cómodos con esta primavera.
As apetecibles novidades en produtos gourmet e de alimentación virán da man de Améndoa, A tetería de Rose Bakery, Equisol, Fillos da Malte, Maná Malú, Pecados de Compostela, Queroté, Trigonella e VIDE VIDE!!.
E a importancia do detalle para o estilo persoal estará reivindicada por tendas de complementos, perfumarías e florarías como A Balea Violeta, Como pez en el agua, El taller de Fer, Floristería Embora, La Reina de Saba, Mokasu, Na Lúa, Óptica M&S,Óptica Pontecastro, Óptica Tábora e Sr. Nilsson.
Ademais da presentación das novas coleccións, a xornada contará con múltiples actividades para todos os públicos entre as que se atopa o concerto de Belöp, banda galega gañadora de premios como o Maketón Estrella Galicia 2009 (Premio á mellor maqueta), o Queixo Maquetón 2010, o Musicaxove 2010, o Millarock 2010, Barakaldo Pop-Rock 2010, vencedora do concurso Red Bull Indomesticables e creadora do tema que protagonizou o anuncio da marca Mango para o lanzamento da nova fragancia Rock Deluxe.
Os rapaces de Belöp aterrarán en Estrea Estilo! tras pasar por escenarios de festivais como o Internacional de Beniccasim (FIB), o ARENAL SOUND, o Low Festival ou o Ebrovision Miranda de Ebro, e son o primeiro nome musical en revelarse dos que participarán no evento o domingo 11 de maio.
Ademais dos concertos e das múltiples sorpresas que se irán desvelando nas vindeiras xornadas, outro dos atractivos da iniciativa será o "tren lanzadeira" que ligará o centro da cidade co Pazo de San Lourenzo, con saídas ás horas en punto desde a Praza do Obradoiro (ás 12, 13 e 14, 17, 18, 19 e 20 ) con paradas ás e cuarto e as menos cuarto na Praza de Galicia (12.15, 12.45, 13.15, 13.45, 14:15, 14:45, 17.15, 17.45, 18.15, 18.45, 19.15, 19.45, 20.15). O regreso desde o Pazo terá lugar a cada hora con saídas ás e media (12.30, 13.30 e 14:30, 17.30, 18.30, 19.30 e 20.30) con parada na Praza de Galicia e finalizando cada traxecto na Praza do Obradoiro.
38 comercios de Santiago participarán en Estrea Estilo!
30/04/2014 A iniciativa de dinamización comercial do Concello de Santiago de Compostela contará con múltiples actividades para todas as idades na xornada gratuita que se celebrará o vindeiro domingo 11 de maio no Pazo de San Lourenzo.
A Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela da a coñecer o listado de participantes en Estrea Estilo!, o programa de dinamización comercial que presentará as coleccións de primavera-verán dos comercios da cidade nos espazos interiores e exteriores do Pazo de San Lourenzo. A acción, que se desenvolverá a modo de showroom con posibilidade de venda o domingo 11 de maio en horario de 11h a 21h, contará coa participación de trinta e oito comercios de Santiago que se trasladarán para este evento dende barrios como Conxo, San Pedro, o Ensanche, o casco histórico ou o Centro Comercial As Cancelas.Homes, mulleres e cativos coñecerán as tendencias imprescindibles para esta tempada en moda téxtil a través das marcas para todas as idades e estilos que presentarán A Reixa Tenda, Allegra, Celme, Core Surfing, Dándara, El Vestidor de Alicia, Freesite, LIOLIO, Locapormi, Lunares en Mayo, Mundaka World, Núa Moda, Patucos&Co, Kiedis e Simplemente Luna.