ALCALDÍA
Proxeccións en alta definición, retransmisión en directo de calquer acto (streaming), gravación automática (webcast) ou videoconferencia en todas as salas, son algunhas das novas posibilidades que permiten unha maior interacción por parte dos participantes. Feito que, ata fai pouco, era impensable.
Trátase dunha gran inversión en tecnoloxía como foco de atracción para poder acoller os actos máis importantes. Unha aposta clara con empuxe e convicción pola cidade de Santiago.
Santiago acolle o congreso" Innovación tecnolóxica como clave de futuro"
29/04/2014 O Palacio de Congresos acolleu esta tarde o acto de presentación da innovadora aposta tecnolóxica que os xestores do recinto estiveron desenvolvendo nos últimos meses para a súa modernización. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
Neste acto presentánronse as novas innovacións e prestacións que se están a levar a cabo no Palacio de Congresos para albergar e atraer grandes eventos nacionais e internacionais que supoñen unha gran fonte de ingresos para a cidade.Proxeccións en alta definición, retransmisión en directo de calquer acto (streaming), gravación automática (webcast) ou videoconferencia en todas as salas, son algunhas das novas posibilidades que permiten unha maior interacción por parte dos participantes. Feito que, ata fai pouco, era impensable.
Trátase dunha gran inversión en tecnoloxía como foco de atracción para poder acoller os actos máis importantes. Unha aposta clara con empuxe e convicción pola cidade de Santiago.