PXOM

Representantes veciñais reúnense co alcalde e o tenente de alcalde para falar do PXOM

28/07/2006 Con motivo da inminente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o vindeiro luns 31 ás 12 da mañá, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o tenente de alcalde, Néstor Rego, recibiron ao
longo do venres 28 aos representantes das asociacións veciñais de Santiago.

Durante as xuntanzas, Sánchez Bugallo e Rego tiveron a oportunidade de explicarlles aos veciños as alegacións ao plan aceptadas, que foron arredor dun 60% e que axudaron a mellorar o PXOM, mentres que os veciños puideron expoñer as súas inquedanzas arredor do Plan que guiará a construcción da cidade nos vindeiros dezaseis anos.

Compartir: