CENTROS SOCIOCULTURAIS
O percorrido que a exposición vén facendo por varios centros socioculturais de Santiago ten como obxectivo achegala aos barrios, dinamizando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catalogo.
Os paneis fotográficos estan agrupados en oito(8) temas diferenciados: Compostela pedra a pedra, Universidade, Igrexa e Camiño de Santiago, Oficios, obradoiros e actividade comercial, Fotografías de autor, A sociedade Compostelá, Deportes e Festas e Romarías.
A Concellería de Centros Socioculturais agradece ao Ateneo o dispor deste importante traballo expositivo e dinamizador que reforza a liña de traballo de divulgación e formación en torno á historia e a memoria da nosa cidade e das nosas xentes.
Continúa o percorrido polos centros socioculturais da exposición do Ateneo sobre Compostela
31/03/2014 O Centro sociocultural das Fontiñas acolle desde o día 2 ata o 28 de abril a exposición fotográfica "Compostela Única", que xa leva percorridos tres centros socioculturais de Santiago, desde que en xaneiro comezara a itinerancia no Local Sociocultural da Rocha.
A mostra fotográfica, producida a iniciativa do Obradoiro fotográfico do Ateneo de Santiago, amosa unha selección de fotografias captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografia, a mediados do seculo XIX, e 1965.O percorrido que a exposición vén facendo por varios centros socioculturais de Santiago ten como obxectivo achegala aos barrios, dinamizando unha vez máis a historia da cidade a través desta interesante mostra fotográfica composta por 28 paneis, un documento audiovisual e un libro-catalogo.