ALCALDIA

O alcalde asiste á clausura dos actos do Camiño de Santiago en Uclés

29/03/2014 O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, asistiu como representante da cidade ós actos de clausura do Camiño de Santiago en Uclés, que tiveron lugar na tarde noite de onte, venres, no salón de actos do Pazo Arzobispal desta localidade.

O IV Ciclo de Conferencias sobre o Camiño de Santiago centrou parte da celebración, na que participou como ponente Ángel Currás, xunto cos alcaldes de Uclés e Alcalá de Henares, no que este último presentou a restauración dunha peza de cerámica de comezos dos século XX que representa o apóstolo Santiago como peregrino e guerrero.

Nos actos participou tamén o grupo Vagalume, da Asociación Galega Corredor do Henares, momento que recolle a foto.

Compartir: