TURISMO

Turismo de Santiago patrocina o programa gastronómico Santiago Paixón

28/03/2014 Celebrarase entre o 11 e o 21 de abril en varios establecementos da cidade. Entre os clientes dos restaurantes participantes sortearase a posibilidade de vivir unha procesión por dentro, coma un membro máis dunha confraría.

O Pazo de Raxoi acolleu a presentación da segunda edición de Santiago Paixón, que terá lugar entre o 11 e o 21 de abril. Nestes días, complementando toda a oferta litúrxica e cultural que ofrece Santiago durante a Semana Santa, poderase tamén degustar menús típicos desta época nos establecementos participantes no programa. Todos os menús terán un prezo de 18 euros, e incluirán dous primeiros, dous segundos e postre.

Polo momento hai máis de 30 establecementos inscritos no evento, o dobre que o o ano pasado. O obxectivo que se prantexa dende a organización é superar amplamente os máis de 250 menús que se serviron na primeira edición. Para fomentar a participación, todas as persoas que proben algún dos menús sortearanse 40 premios: 6 oportunidades de vivir unha procesión por dentro, 14 visitas guiadas á Catedral e a Cidade da Cultura, e 25 lotes de productos gastronómicos.

Na presentación participaron a Concelleira de Turismo, Reyes Leis, o presidente da Asociación Hostelería Compostela, organizadora do evento, Jesús Sordo, e o representante da Xunta de Confraría de Santiago, Salvador Forján.

Toda a información do programa irase actulizando en: www.semanasantasantiago.com

Compartir: