SERVICIOS SOCIAIS

María Castelao asistiu á xornada "O Traballo Social en situacións de crise, emerxencia ou catástrofe"

28/03/2014 O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organizou este evento co obxetivo de facer visible a necesidade de contar con profesionais do Traballo Social na atención de situacións de crise, emerxencia ou catástrofe. Estas cada día son máis frecuentes e a maioría acontecen dun xeito súbito e repentino, e por tanto, requiren dunha intervención especializada.

A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia foi a encargada de inaugurar este acto que comezou as 09:00 horas e que contou coa asistencia e participación da concelleira María Castelao.

A xornada celebrouse no edificio Cersia e centrouse en tres apartados. Darío Pérez Madera, traballador social e sociólogo, director do Servicio Social de Atención Municipal a las Emergencias Sociales do Concello de Madrid, foi o encargado de falar sobre as diferenzas entre situacións de emerxencias individuais e emerxencias colectivas. Ángel L. Arricivita, traballador social sanitario do Servicio Aragonés de Salud e experto en intervención social en emerxencias, expuxo a xustificación da Intervención Social en Situacións de Crise, Emerxencia ou Catástrofe; e Itziar Herrero Muguruza, traballadora social experta en intervención social en emerxencias, comentou os aspectos teóricos e prácticos da intervención social en este tipo de situacións.

A xornada rematou cunha mesa de experiencias e boas prácticas.

Compartir: