NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O concerto, gratuíto, vai celebrarse na sala Mozart do Auditorio de Galcia, o día 30 ás 12:30 horas. Para asistir, a partir do día 1 de marzo, poden retirarse as entradas no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual (de martes a sábado, entre as 18:00 e as 21:00 horas). En caso de que non se esgotaran previamente, as localidades dispoñibles distribuiranse na recepción do propio Auditorio dende unha hora antes do concerto.
Chega a Compostela o espectáculo "Toc Toc", de Pablo Díaz, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes
28/02/2014 O domingo 30 de marzo, Pablo Díaz e a súa banda animarán os nenos e nenas a cantarlle en galego á alegría e á amizade co espectáculo musical Toc Toc, baseado no libro-disco co mesmo nome publicado recentemente. Esta actuación chega a Compostela da man da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que forma parte o Concello de Santiago a través da Concellería de Normalización Lingüística.
A convocatoria diríxese a nenos e nenas entre 3 e 10 anos, que poderán gozar coa música deste coñecido artista, que integra a tradición galega co rock, o pop e mesmo o soul nos seus traballos, especialmente pensados para o público infantil.O concerto, gratuíto, vai celebrarse na sala Mozart do Auditorio de Galcia, o día 30 ás 12:30 horas. Para asistir, a partir do día 1 de marzo, poden retirarse as entradas no despacho de billetes do Teatro Principal no seu horario habitual (de martes a sábado, entre as 18:00 e as 21:00 horas). En caso de que non se esgotaran previamente, as localidades dispoñibles distribuiranse na recepción do propio Auditorio dende unha hora antes do concerto.