XUVENTUDE
Coincidindo coas vacacións do Entroido, os participantes partirán de Santiago na mañá do domingo 2 de marzo. Chegarán a Villablino e alí realizarán xogos pola cidade, probarán o equipamento e terán o primeiro obradoiro de inglés. Na segunda xornada xa terán clases de esquí e esquí libre, e unha actividade de inglés e tempo libre. Tras unhas horas máis de esquí, a expedición sairá de volta cara Compostela na tarde do 4 de marzo.
Un grupo de mozos e mozas de 14 a 20 anos participa nun campamento de iniciación ao esquí en Leitariegos (León)
28/02/2014 Do 2 ao 4 de marzo desenvolverase en Leitariegos (León) o campamento de iniciación ao esquí Imos á neve, organizado pola Concellería de Xuventude. Un grupo de mozos e mozas de 14 a 20 anos participará neste programa, que combinará as clases de esquí con actividades de inglés e xogos.
Este campamento pretende fomentar un lecer saudable, na liña doutros programas postos en marcha pola Concellería de Xuventude en 2013. O Departamento financia o 40% do prezo desta actividade, que ten un custo para os participantes de 120 euros, nos que se inclúe o transporte, o aloxamento, as comidas e as clases. As prazas foron cubertas por rigoroso orde de inscrición.Coincidindo coas vacacións do Entroido, os participantes partirán de Santiago na mañá do domingo 2 de marzo. Chegarán a Villablino e alí realizarán xogos pola cidade, probarán o equipamento e terán o primeiro obradoiro de inglés. Na segunda xornada xa terán clases de esquí e esquí libre, e unha actividade de inglés e tempo libre. Tras unhas horas máis de esquí, a expedición sairá de volta cara Compostela na tarde do 4 de marzo.