PLENO
Recordou a edil que as de 2014 son unhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa. Indicou que se trata dun orzamento dinamizador en torno a tres elementos fundamentais: a rebaixa fiscal e a conxelación de taxas e prezos públicos, o control e a baixada da débeda existente e o carácter expansivo do orzamento.
Polo que se refire ao apoio á promoción e á dinamización, este eixe plásmase en tres eixes de promoción: o turismo, a actividade comercial e a actividade empresarial Destínanse partidas por 4.047.283 euros, o que supón case un 43% máis que no exercicio 2013. Esta aposta estratéxica materializarase en accións de promoción do turismo, con 1.770.000 euros (+109%); da actividade comercial, con 1.351.422 euros (+17%); e da actividade empresarial, con 925.861 euros (+11%).
Outro dos obxectivos do Goberno local para este 2014 será a continuación das políticas de carácter inversor, ás que se destinan 14.083.344 euros, isto é, case un 28% máis que en 2013. Desta cantidade, a maior parte, 11.717.361 euros, destinarase a investimento novo e en reposición, e o resto a programas de mantemento.
O fomento do emprego será outra das prioridades das políticas municipais, segundo apuntou a edil. Así, outórgase unha partida total de 1.625.974 euros para os diversos programas deste ámbito, o que supón un incremento de case o 74% respecto a 2013.
O aumento do gasto social e do destinado ao mantemento dos servizos públicos básicos reflicte outra das apostas do Goberno local, alcanzando os 55.028.621 euros, case un 21% máis que no exercicio precedente. As partidas para emerxencia social soben un 49%, situándose nos 447.000 euros, mentres que o mantemento dos servizos públicos básicos absorberá 47.291.304 euros (+21%). Destinaranse 4.269.086 euros (+3%) para aqueles servizos que garanten a cohesión social para determinados sectores, e outros 3.021.230 euros (+54%) para programas destinados a garantir a calidade de vida e o lecer dos composteláns. Trátase neste último caso de programas de atención a dependentes, accións de acceso á vivenda, promoción da conciliación familiar e laboral, prevención da violencia doméstica, integración da poboación inmigrante...
Dende o Concello continuarase neste 2014 o esforzo por mellorar a eficiencia da Administración cara os cidadáns, poñendo en marcha accións por importe de 1.648.032 euros, un 79% máis que en 2013. Estas actuacións centraranse fundamentalmente na modernización interna (E-Administración), 781.858 euros; e cara o exterior (transparencia, interacción co cidadán), 566.173 euros; incorporando outro eixo de actuación como o Proxecto Smart, ao que se asignan 300.000 euros.
Finalmente, apóstase por aplicar unha política fiscal equitativa, baseada na mellora da xestión tributaria, o que permitirá recadar 486.000 euros (un 58% máis que en 2013) e na equidade fiscal. Neste sentido, prodúcese unha baixada e conxelación de impostos, taxas e prezos públicos. Este esforzo vai supoñer que se recade un 3,71% menos por estes conceptos, por un total de 59.916.376 euros.
Ingresos e gastos
Analizando os ingresos, prodúcese un incremento nas previsións do 4,57% pasando dos 96.525.739 aos 100.941.779 euros. Tendo en conta a devandita baixada e conxelación de impostos, a razón da suba está fundamentalmente no incremento das transferencias correntes, que pasan de 29.059.023 a 31.859.675 euros e nunha operación de crédito 6.000.000 euros que, segundo explicara a concelleira, se realizará ou non en función da liquidación do orzamento de 2013.
Xa no capítulo de gastos, salienta o incremento respecto nos gastos correntes en bens e servizos, pasando de 34.798.057 en 2013 a 38.490.528 euros en 2014. Este aumento deriva fundamentalmente das aplicacións do IPC, do aumento do canon de Sogama e de novos gastos en enerxía, mantemento, contratos e actividades. Tamén se incrementan as transferencias correntes, de 9.693.185 a 11.273.459 euros, e os investimentos reais, de 7.629.778 a 9.926.556 euros.
Tendo en conta a clasificación funcional, a maior partida absórbea a Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, con 17.785.000 euros (17,62% do total do orzamento), seguida da Brigada de Obras e Servizos, que asume todo o gasto en enerxía, con 16.630.502 euros (16,48%) e da de Seguridade e Mobilidade, con 16.240.017 euros (16,09%).
A Corporación aproba definitivamente o orzamento municipal 2014
28/02/2014 A Corporación municipal, nun pleno extraordinario, aprobou definitivamente o orzamento municipal para 2014, que prevé ingresos e gastos polo mesmo importe: 100.941.779 euros.
Segundo explicou a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, estudadas as alegacións, rexeitáronse todas as presentadas, así como dúas emendas do grupos da oposición, admitíndose unha formulada polo grupo popular. Os ornamentos foron aprobados de xeito definitivo cos votos favorables do grupo de Goberno e malia o voto negativo dos grupos socialista e nacionalista.Recordou a edil que as de 2014 son unhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa. Indicou que se trata dun orzamento dinamizador en torno a tres elementos fundamentais: a rebaixa fiscal e a conxelación de taxas e prezos públicos, o control e a baixada da débeda existente e o carácter expansivo do orzamento.