ECONOMÍA
Entrega de certificacións de calidade medioambiental ao Concello de Santiago
27/02/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de entrega formal de certificacións de calidade logradas polo Concello de Santiago nos ámbitos do Medio Ambiente (ISO 14000, normas UNE 58451 e UNE 58923). As credenciais foron outorgadas pola certificadora EQA.
No acto tamén recibiron os seus diplomas os primeiros 20 alumnos acreditados baixo estas normas e formados dentro do Programa Urbana Santiago Norte, financiado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Eixo nº 5 (desenvolvemento sostible local e urbano) do programa operativo do FEDER en Galicia para o período 2007-2013.