CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
27/02/2014 Comeza o mes de marzo cunha nova cita do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.
O sábado 1 de marzo, ás 17:00 horas, a Casa das Asociacións de Cornes acolle unha sesión amenizada polo grupo Solymar. A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do salón do centro.