URBANISMO
A nova páxina web sobre o Castelo da Rocha Forte é unha invitación a coñecer a historia, os acontecementos, os espazos, os personaxes e os obxectos desta fortaleza, fundamental para entender a historia de Santiago e de Galicia. Esta web, da que destaca o seu carácter visual, didáctico e moderno, ten como principal obxectivo servir para dar a coñecer e por en valor esta fortaleza e a súa importancia histórica.
A páxina de internet complementa así a publicación editada sobre o Castelo da Rocha Forte e recentemente presentada, engadindo moita máis información e elementos gráficos e visuais. En definitiva, trátase dunha representación dun lugar e dun período claves na historia de Galicia realizada dende unha perspectiva actual e cunha clara orientación didáctica e orientada a todo tipo de público. O Castelo da Rocha Forte tamén quere abrirse ás redes sociais, polo que se crearon perfís en Facebook e Twitter.
A web do Castelo da Rocha Forte, galardoada na X edición dos Premios Eganet
31/01/2014 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, asistiu á entrega dos X Premios Eganet, galardóns anuais concedidos polas Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías. A páxina web do Castelo da Rocha Forte (rochaforte.info) resultou finalmente galardoada, na categoría de comunicación dixital, pola web do Castelo da Rocha.
A web da Rocha optaba ao galardón xunto con outras 104 candidaturas presentadas na categoría de comunicación dixital. O nome dos premiados en cada unha das cinco categorías deuse a coñecer no transcurso dunha gala celebrada no Pazo de Congresos Mar de Vigo.A nova páxina web sobre o Castelo da Rocha Forte é unha invitación a coñecer a historia, os acontecementos, os espazos, os personaxes e os obxectos desta fortaleza, fundamental para entender a historia de Santiago e de Galicia. Esta web, da que destaca o seu carácter visual, didáctico e moderno, ten como principal obxectivo servir para dar a coñecer e por en valor esta fortaleza e a súa importancia histórica.