URBANISMO
A cartografía realizarase a unha escala de 1:500 nas 1.885 hectáreas do ámbito urbano. No resto, ata as 22.000 hectáreas da superficie total do municipio, a escala será de 1:1000. A información recollida harmonizarase coa base topográfica urbana da Xunta de Galicia.
A empresa que resulte adxudicataria do servizo deberá realizar os seguintes traballos: voos fotogramétricos, apoio fotogramétrico, aerotringulación, restitución fotogramética dixital, edición da cartografía e sistemas de información xeográfica, revisión e toma de datos de campo.
Galeras
A concelleira tamén se referiu na rolda de prensa ás obras en Galeras que permitirán a creación dunha glorieta, o dobre sentido na rúa de Domingo García-Sabell e a peonalización das rúas Carretas e Hortas. Lembrou que xa dende 2011 os veciños destas dúas rúas viñan pedindo esta peonalización por un problema de seguridade e de ruído e que, dende abril de 2012, se vén informando publicamente sobre esta actuación.
Insistiu María Pardo no convencemento de que esta obra suporá unha mellora na seguridade viaria da zona e indicou que conta con todos os informes técnicos e xurídicos favorables.
Praza de Galicia
En relación ás obras da praza de Galicia, indicou que segue considerando "idónea" a ubicación na mesma dun parque infantil e está segura do "enorme éxito" que terá a nova configuración da praza. Neste sentido, lembrou que, na actualidade, a praza é un "espazo público desaproveitado".
Sobre o parque infantil, indicou que, agora mesmo, o Parque de Ramírez é o "único parque céntrico para un Ensanche no que viven 30.000 cidadáns". O propio "éxito" e "saturación" deste espazo na praza Roxa é un indicativo, en palabras da concelleira, da necesidade de espazos infantís nesta parte da cidade. De aí a decisión, dixo, do parque na praza de Galicia e do da praza de Vigo.
Quixo aclarar igualmente que non se van talar as árbores da praza de Galicia e que, unicamente, "se retiraron dúas tullas enfermas". De feito, engadiu, plantaranse 15 árbores máis, realizarase unha mellora xeral da xardinería e instalarase un estanque.
O Concello actualizará a súa cartografía
31/01/2014 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a próxima licitación dun contrato para a actualización da cartografía municipal. Cun tipo de licitación de 100.000 euros e un prazo de execución de nove meses, agárdase que os traballos estean rematados para principios do ano 2015.
María Pardo lembrou que os últimos voos fotogramétricos se realizaran en 2008 e que posteriormente o Consorcio, en 2011 realizara a cartografía do Casco Histórico. Dende entón, dixo, "a cidade cambiou moito e a cartografía quedou xa obsoleta". De aí a necesidade da renovación, requisito igualmente para a Plataforma de Xestión Integral dos Servizos Públicos en marcha. Esta contratación é posta en marcha polos departamentos de Cartografía e de Innovación, supervisados pola oficina técnica de Smart Cities.A cartografía realizarase a unha escala de 1:500 nas 1.885 hectáreas do ámbito urbano. No resto, ata as 22.000 hectáreas da superficie total do municipio, a escala será de 1:1000. A información recollida harmonizarase coa base topográfica urbana da Xunta de Galicia.