OFRENDA DE TRANSLACIÓN
Xa falando do ano que comeza, falou do 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís, expresando o seu desexo de que o influxo apostólico "anime a xentes de todo o mundo a imitar o ánimo peregrino do santo italiano". Respecto a esta conmemoración desexou que "propague o espírito que fixo do Camiño cara Compostela un espírito de encontro; de comprensión e harmonía; de entendemento e diálogo sinceros; de frutífera convivencia en liberdade e de rica diversidade e pluralidade; de solidariedade e de axuda aos máis necesitados".
De volta á actualidade, a tenente de alcalde pediu tamén ao Apóstolo por Galicia, agardando que neste 2014 se confirmen boas noticias como "o reflotamento do noso sector naval e o mantemento dunha entidade financeira firmemente enraizada na nosa terra". "O que queda por facer esixe de nós, os galegos e as galegas, das forzas políticas e das institucións que nos gobernan, un compromiso de cooperación e de construción colectiva que se antepoña ás tentacións que, ás veces, ten a política, de impedir o dificultar", engadiu.
A delegada rexia aludiu igualmente ás diversas "preocupacións" que afectan ao acontecer diario, como o desemprego: "Alenta, Santo Patrón, as persoas que demandan un traballo, como tamén alento che pedimos, particularmente, para os emprendedores". Tamén demandou protección para "os nosos mozos" e axuda para "facer sostible o noso sistema de benestar e, neste punto, fainos ver a gobernantes e a gobernados que tal sostibilidade debe permitir que o sistema de oportunidades e de protección cubra tamén ás xeracións futuras".
Despois de apelar a principios como a igualdade de oportunidades e a solidariedade, a oferente solicitou ao Apóstolo que fortaleza "o diálogo entre os que cremos no proxecto nacional de vida en común" e reforce "os piares da nosa convivencia no marco do pacto constitucional perfeccionado no seu momento". Finalmente, Reyes Leis pediu ao Santo pola saúde do Rei e amparo para toda a Familia Real.
Antes da cerimonia relixiosa, a delegada rexia realizou o pase de revista ás tropas e saudou as distintas autoridades, entre as que figuraban, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; membros da Corporación municipal e conselleiros do Goberno galego, ademais doutras autoridades civís e militares. Logo da misa, as autoridades dirixíronse ao pazo de Raxoi, onde a delegada rexia presidiu unha recepción con motivo desta celebración e asinou no Libro de Honra.
Unha tradición de séculos
A cerimonia da Translación celébrase anualmente o 30 de decembro en recordo do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia (Padrón). Segundo a tradición, a Raíña Lupa, soberana das terras, enviou tropas en persecución da comitiva apostólica, que foi salvada por un milagre que afogou aos perseguidores nas augas do río Tambre.
A Raíña Lupa quedou tan abraiada por este feito que ofreceu a súa axuda aos discípulos para que puideran soterrar os restos do Apóstolo, que son trasladados nun carro tirado por bois que ao azar buscan o lugar para o repouso do fillo de Zebedeo. Tras deterse (sempre segundo a lenda) na fonte da actual rúa do Franco, os bois continúan o seu camiño ata quedar inmóbiles no lugar que dende aquela se denomina Libredón (Liberum domum, regalo libre), onde é soterrado e pasa ao esquecemento o Apóstolo ata o seu posterior descubrimento no ano 813 por un eremita.
O rei Alfonso VI realizou no ano 1109 a primeira ofrenda da Translación, entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV esta cerimonia institucionalízase con carácter definitivo. Dende entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.
Reyes Leis pídelle ao Apóstolo Santiago "alivio" ante as fatalidades de 2013 e "alento" para os que buscan emprego
30/12/2013 A primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, exerceu de delegada rexia na Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo, en substitución do alcalde compostelán, Ángel Currás, inicialmente designado pola Casa Real, pero ausente polo falecemento da súa nai. A oferente fixo un repaso polo acontecido en 2013, con especial lembranza á traxedia do tren descarrilado en Angrois, e pregoulle ao Santo por un 2014 con emprego, igualdade de oportunidades e solidariedade.
Tras lembrar as orixes da tradición xacobea e a súa importancia para o destino de Santiago de Compostela e mesmo de Europa, Reyes Leis lembrou o ano a piques de rematar, pregándolle ao Apóstolo "alivio" para fatalidades como a do tren descarrilado, un accidente que "se recordará como unha das maiores cicatrices da historia da cidade, pero a reacción acontecida tamén se recordará como un dos momentos de maior altura ética da sociedade galega". Por iso, demandou do Santo que "aquela solidariedade non decaia, que a atención ofrecida ás vítimas non resulte corta", e que difunda por España "o exemplo da cívica e espontánea reacción solidaria, a fin de que, nestes tempos difíciles, a solidariedade se propague e se manifeste discretamente na vida cotiá de todos os pobos e cidades do país, pobos e cidades nos que tantas mulleres e homes en dificultades agradecen a mirada humana e a man tendida dos seus semellantes". A propósito destas persoas en dificultades, lembrou a "devastación e dolor" de Filipinas.Xa falando do ano que comeza, falou do 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís, expresando o seu desexo de que o influxo apostólico "anime a xentes de todo o mundo a imitar o ánimo peregrino do santo italiano". Respecto a esta conmemoración desexou que "propague o espírito que fixo do Camiño cara Compostela un espírito de encontro; de comprensión e harmonía; de entendemento e diálogo sinceros; de frutífera convivencia en liberdade e de rica diversidade e pluralidade; de solidariedade e de axuda aos máis necesitados".