EMPREGO

Sesenta persoas participan nos cursos do programa integrado "Emprego Santiago II"

27/12/2013 A concelleira de Emprego, Reyes Leis, visitou unha acción do programa integrado Emprego Santiago II. 60 persoas participan neste programa experimental, que combina accións de información, orientación, asesoramento, formación, prácticas laborais e acompañamento á inserción. Ten como obxectivo promover a inserción laboral de desempregados a través do desenvolvemento dun itinerario integrado de inserción.

Neste momento estase realizando a primeira quenda de actividades formativas, nas que destacan, entre outras, as seguintes: Servizos básicos de restaurante/bar/cafetería, Escaparatismo, Acompañante de bus, Busca de Emprego 2.0, Operario/a de carretillas elevadoras, A entrevista de traballo, Obxectivo profesional e Fortalezas para a busca de emprego.

O proxecto conta cunha dotación económica de 89.318 euros e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar nun 88%.

A partir do mes de xaneiro iniciaranse as prácticas en empresas e a segunda queda de accións formativas.

Compartir: