EDUCACIÓN
Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. As familias podían inscribir nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Tiñan a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
O horario do programa é de 7:45 a 15:30 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funciona de 7:45 a 9:00 horas e pode ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realízanse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 15:30 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.
Continúan as actividades do programa de conciliación de Nadal de Educación
27/12/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, visitou no CEIP das Fontiñas o programa de conciliación de Nadal, que se desenvolve ata o 8 de xaneiro. A iniciativa comprende un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
María Castelao reiterou a aposta municipal pola conciliación familiar e laboral, ofrecendo iniciativas deste tipo nos períodos de vacacións escolares. Neste Nadal, ademais da oferta de Educación, había outra de Centros Socioculturais. 22 rapaces e rapazas participan nesta edición do programa no CEIP das Fontiñas.Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. As familias podían inscribir nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Tiñan a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.
O horario do programa é de 7:45 a 15:30 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funciona de 7:45 a 9:00 horas e pode ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realízanse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 15:30 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.