XUVENTUDE

Hellorice gaña o VI Certame MúsicaXove

30/11/2013 A Sala Capitol acolleu o concerto final do VI Certame MúsicaXove, no que actuaron os catro grupos finalistas: Turbolaser (Santiago), Hellorice (Santiago), Persé (Teo) e Neko e Daso (Poio). Rematadas as actuacións, fíxose pública a decisión do xurado, que elixiu como gañador desta edición a Hellorice. Turbolaser obtivo o segundo premio e Persé levou o premio especial do xurado.

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presidiu o xurado, que xa previamente elixira os catro finalistas previa audición das maquetas presentadas ao Certame, seleccionándoos de entre os 37 participantes desta edición. O xurado estivo integrado por Gabi Davila, Antonio García Borrazás, Martín Calviño, Jesús Magaña e Paco Gallego.

Os catro finalistas actuaron durante un tempo máximo de 12 minutos, nos que interpretaron, como mínimo, dous temas dos presentados na maqueta. Escoitados os grupos, o xurado acordou que foran Hellorice os que recibiran o primeiro premio de 1.800 euros. Turbolaser, segundos clasificados, levan 800 euros. O premio especial do xurado, dotado con 400 euros, recaeu en Persé. Está prevista a edición dun disco compacto coa participación dos catro finalistas.

Compartir: