CENTROS SOCIOCULTURAIS

Centos de figuras e elementos decorativos configuran un ano máis o Belén de Conxo

30/11/2013 Os concelleiros Francisco Noya e María Pardo asistiron á inauguración do Belén de Conxo, situado un ano máis na rúa Torrente.

A familia Otero e Moreira segue impulsando este tradicional Belén, sempre cheo de detalles. A historia deste Belén remóntase a 1946, polo que neste 2013 cumpre o seu 67º aniversario.

Os que se acheguen a Conxo poderán observar diversas escenas bíblicas, representadas a través de centos de figuras e elementos decorativos (casas, cabanas, estanques, fontes luminosas, lavadoiros, fervenzas, etc.) que adornan a espectacular composición.

Compartir: