COMERCIO
Durante catro tardes os veciños poderán acudir ao seu centro sociocultural, onde gravarán un pequeno vídeo explicando as calidades do comercio do seu barrio e unha pequena sesión de fotos, e posteriormente escolleranse os catro protagonistas da campaña publicitaria. As catro persoas seleccionadas recibirán como agasallo un iPad mini.
Os horarios e os Centros Socioculturais para os castings son: luns 9 de decembro, na Almáciga, de 17:00 a 21:00 horas; martes 10 decembro, en Vite, de 17:00 a 21:00 horas; mércores 11 decembro, na Casa Agraria, de 17:00 a 21:00 horas; e xoves 12 decembro, na Trisca, de 16:00 a 20:00 horas.
Unha segunda fase da campaña consistirá na distribución de carteis polos barrios e postais promocionando o comercio da zona, así como unha campaña publicitaria en prensa local, mupis ou autobús urbano nos propios barrios, para estimular as compras dos veciños no seu entorno.
A súa vez, como acción de street marketing nos diferentes barrios, colocarase un globo na porta de cada comercio co slogan da campaña Amor de barrio, co obxectivo de chamar a atención dos viandantes e promover os propios establecementos, que en moitas ocasións non son só un motor económico senón un punto de referencia e de servizo, no senso da palabra máis amplo posible, para toda a veciñanza.
Realizarase así mesmo unha campaña en redes sociais onde se convide aos veciños a subir vídeos onde se fale das calidades positivas dos seus barrios para incentivar a implantación de novos negocios ou para comprar no entorno. Isto converterá a campaña en viral e alcanzarase un maior número de impactos.
O Concello pon en marcha a campaña de dinamización comercial "Amor de barrio"
29/11/2013 A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico de Comercio Lucía Castro, presentou a campaña de dinamización comercial Amor de barrio, que se desenvolverá no mes de decembro dentro do Urbana Santiago Norte, programa cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional.
As persoas que mellor coñecen o comercio dun barrio son os seus propios veciños, polo que o obxectivo da campaña é aproveitar a súa experiencia para que conten as súas principais calidades. Baixo o slogan "Amor polo teu barrio" realizaranse catro castings en catro centros socioculturais do ámbito de actuación do Urbana Santiago Norte, onde se convidará aos veciños a participar para seren a imaxe promocional dos comercios do seu propio barrio.Durante catro tardes os veciños poderán acudir ao seu centro sociocultural, onde gravarán un pequeno vídeo explicando as calidades do comercio do seu barrio e unha pequena sesión de fotos, e posteriormente escolleranse os catro protagonistas da campaña publicitaria. As catro persoas seleccionadas recibirán como agasallo un iPad mini.