ALCALDÍA
San Martiño Pinario estrea iluminación
30/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de inauguración da nova iluminación da igrexa, do museo e do claustro da igrexa de San Martiño Pinario.
Esta obra foi executada pola Fundación Endesa a través da empresa Intervento, que ten realizado importantes intervencións na iluminación de edificios como o Museo Thyssen Bornemisza, o Museo de Pontevedra, o Banco de España en Madrid ou a Igrexa de San Telmo en San Sebastián.