CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúa Compostela Cine Classics 2013 con outra proxección e cun novo concerto

30/10/2013 Esta semana, como consecuencia da festividade de Todos os Santos, adiántase a proxección do programa Compostela Cine Classics a este xoves 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Desta vez poderase ver o filme O ladrón de bicicletas (1948), de Vittorio de Sica.

Logo da proxección, realizarase o habitual coloquio, nesta ocasión con Patricia Fra, profesora titular da USC e experta en cine e literatura. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala.

Sons de cine
E para o sábado 2 de novembro, ás 19:00 horas, nova cita coa música dentro tamén do Compostela Cine Classics. O Trío Doce Vita (voz, contrabaixo e guitarra) ofrecerá un concerto para público adulto no que interpretarán Sons de cine. A entrada é libre ata completar o aforo de 150 prazas da Sala Agustín Magán.

ClassicObradoiro
Por outra parte, segue a desevolverse con moi boa acollida o ClassicObradoiro para adultos dedicado ao guión cinematografico. O taller, conducido por Alfonso Zarauza, celebrou a súa segunda sesión no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Compartir: