CENTROS SOCIOCULTURAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Últimos días de recollida de pantalóns de home nos centros socioculturais

30/10/2013 O sábado 2 de novembro finaliza nos centros socioculturais a recollida de pantalóns para homes (tallas 40 a 44), destinados ao Albergue Xoán XXIII.

A partir do luns 4 de novembro, os interesados en colaborar deberán levar os pantalóns doados directamente ao Albergue.

Nova cita co programa Imos ao baile 2013
Por outra parte, este sábado, 2 de novembro, nova cita co programa Imos ao baile 2013, das concellerías de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá. Desta vez, o baile será na Casa das Asociacións de Cornes a partir das 17:30 horas. A sesión estará amenizada polo grupo Enclave.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do recinto. O programa ten preparadas sesións de baile ata o mes de decembro.

Compartir: