CULTURA
Dese soño naceu Isolma, este espectáculo de música e baile de raíz, que conxuga os infinitos recursos propios da tradición galega con outras formas de expresión como o tango ou músicas de clara connotación centroeuropea. Isolma é unha historia de amor entre dúas persoas que, de principio a fin do espectáculo, van rompendo as barreiras que os separan, empregando como únicas armas a música e o baile. O obxectivo final será fundírense nun abrazo.
Durante hora e cuarto, máis de trinta artistas van representar catorce números de baile e música, que queren entreter pero tamén convidar ó espectador a unha viaxe de experimentación pola danza de onte, de hoxe e de sempre.
GS21 e Isolma son produtos feitos en Galiza, co espírito de conquistar aos de aquí pero tamén aos de alí. Son un produto feito e falado no idioma universal, o das emocións.
GS21 presenta Isolma no Auditorio de Galicia
29/06/2006 Trinta profesionais poñen en escena un espectáculo de música e baile de raíz que conxuga os recursos da tradición galega con outras formas de expresión musicada e danzada. Será na estrea do primeiro espectáculo de GS21, Isolma, o venres 30 de xuño, ás 21.00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
GS21, Galicia Século 21, é unha compañía de baile e música de Galicia, composta por trinta profesionais cunha ampla traxectoria profesional, a nivel individual, de máis de quince anos, como bailadores, músicos ou vocalistas. Comeza a funcionar en abril de 2005, despois de que un grupo de músicos e bailadores expresaran a súa inquedanza por construír unha nova compañía na que a música e o baile tradicional fosen levados á súa máxima expresión.Dese soño naceu Isolma, este espectáculo de música e baile de raíz, que conxuga os infinitos recursos propios da tradición galega con outras formas de expresión como o tango ou músicas de clara connotación centroeuropea. Isolma é unha historia de amor entre dúas persoas que, de principio a fin do espectáculo, van rompendo as barreiras que os separan, empregando como únicas armas a música e o baile. O obxectivo final será fundírense nun abrazo.