CULTURA

O CGAC celebra o seu XX aniversario

29/09/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, asistiron a una visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) con motivo do XX aniversario deste espazo de difusión cultural.

Baixo o título Os segredos da Colección CGAC agrúpanse unhas visitas guiadas nas que, acompañadas por persoal do CGAC, os participantes teñen a posibilidade de visitar os almacéns onde se garda a Colección CGAC e de aprender algo máis sobre o seu funcionamento: como se xestiona a adquisición de obras, cales son os artistas que a integran, as pautas de conservación, etc.

Esta é unha das actividades coas que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario. Durante esta fin de semana, programáronse tamén mesas redondas, presentacións de libros e varios concertos.

Compartir: