DEPORTES
Os inscritos antes do 25 de setembro recibiron unha camiseta, e todos os participantes entraron no sorteo de agasallos que se realizou na praza central da Cidade da Cultura ao rematar o paseo.
As rúas de Compostela acolleron unha nova edición do Día da Bicicleta
29/09/2013 O Centro Comercial As Cancelas acolleu a saída do XXIII Día da Bicicleta. Un ano máis, o Concello apostou por esta xornada de lecer, deporte e familia, que nesta ocasión tivo a súa meta na praza central da Cidade da Cultura.
Un ano máis, o Día da Bicicleta non foi unha competición, senón unha oportunidade de pasear polas rúas de Santiago nunha xornada de lecer e convivencia. Nesta ocasión optouse por facer un percorrido algo diferente ao doutros anos, con saída no Centro Comercial As Cancelas e chegada na Cidade da Cultura.Os inscritos antes do 25 de setembro recibiron unha camiseta, e todos os participantes entraron no sorteo de agasallos que se realizou na praza central da Cidade da Cultura ao rematar o paseo.