PARQUES E XARDÍNS
O proxecto tamén contempla a plantación de árbores e arbustos que sirvan de fondo e semi-peche visual do recinto. Por último, dotarase o espazo de elementos que sirvan de asento e, á súa vez, de separadores entre as distintas áreas. A zona que se remodela ten unha superficie de 5.000 metros cadrados. Actualmente o terreo está baldío e alberga unhas edificacións en ruínas usadas como "pozos de neve".
A este parque de nova creación hai que unir a completa renovación e acondicionamento doutros catro. A máis importante realizarase na área da Doutor Maceira, onde se gastarán 57.780 euros para un completo espazo multixogo, completado con algunha atracción adicional, para pequenos e pequenas de dous a doce anos.
Tamén no ámbito urbano, acometeranse obras no Parque de Xixón (Xoan XXIII) e en Santa Marta. No primeiro dos parques investiranse 58.257 euros, mentres que ao segundo destinaranse 26.677 euros. En ámbolos casos reporanse completamente os xogos existentes e incorporarase algún novo.
Finalmente, acondicionarase o parque da parroquia da Peregrina, situado xunto á escola infantil e o local social. Neste espazo, destinado a rapazas e rapaces de tres a sete anos, renovaranse equipamento por un valor de 26.260 euros.
Estas renovadas áreas de lecer únense á ampla rede de parques infantís con que conta Santiago. Na actualidade, están en funcionamento 51, incluídos os dos ámbito urbano e os do rural. Recentemente inauguráronse os parques da Praza da Constitución e de San Xoan de Vista Alegre, e a Concellería de Parques e Xardíns ten en proxecto novos espazos en distintos puntos da cidade.
O Concello investirá máis de 92.000 euros na creación dun novo parque infantil en Meixonfrío
30/06/2006 O Departamento de Parques e Xardíns acometerá nos vindeiros días a creación dun novo parque infantil en Pozo da Neve (Meixonfrío) e o acondicionamento e renovación doutros catro en Doutor Maceira, Santa Marta, A Peregrina e Parque de Xixón. En total, estas obras, pendentes de adxudicación, suporán un investimento de 264.574 euros.
No novo espazo recreativo de Pozo da Neve investiranse 92.600 euros, co obxectivo de lograr un parque funcional e polivalente. Contará con dúas partes diferenciadas: unha destinada a nenas e nenos de dous a seis anos e outra para os rapaces de seis a doce anos. A área terá espazos lúdicos para albergar os xogos dos nenos e outros de recollemento, con bancos, para ambientes máis sosegados.O proxecto tamén contempla a plantación de árbores e arbustos que sirvan de fondo e semi-peche visual do recinto. Por último, dotarase o espazo de elementos que sirvan de asento e, á súa vez, de separadores entre as distintas áreas. A zona que se remodela ten unha superficie de 5.000 metros cadrados. Actualmente o terreo está baldío e alberga unhas edificacións en ruínas usadas como "pozos de neve".