PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas citas co programa "Imos ao baile"

28/08/2013 Continúa a desenvolverse con éxito o programa Imos ao baile 2013, organizado pola Concellería de Centros socioculturais e Participación Cidadá. As próximas citas serán o 30 de agosto e o 7 de setembro.

O Local Sociocultural de Casas Novas acollerá unha sesión de baile o vindeiro venres, 30 de agosto, a partir das 22:30 horas. Nesta ocasión amenizará a velada o grupo Glamour.

Na seguinte semana, o sábado 7 de setembro, o baile desprázase á Casa das Asociacións de Cornes. Alí, dende as 17:30 horas, sesión musical co grupo Enclave.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo das distintas localizacións. O programa Imos ao baile 2013 aínda ten preparadas sesións de baile ata o mes de decembro.

Compartir: