XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Xuventude e Normalización pon en marcha un programa de intercambio lingüístico

28/08/2013 Busco parella...lingüística é o título do programa de intercambio lingüístico que pon en marcha a Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística en colaboración coa Universidade de Santiago. O seu obxectivo é que os mozos e mozas de Compostela que teñan interese en perfeccionar as súas competen¬cias lingüísticas poidan facelo dun xeito práctico a través da conversa con outras persoas con similares intereses.

A actividade consiste en facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua. Entre os fins desta iniciativa están a mellora das destrezas lingüísticas, o intercambio de experiencias, o coñecemento de persoas con intereses comúns e o compartimento de afeccións con persoas que falan outras linguas. O programa está destinado a mozos e mozas de 18 a 35 anos.

Para participar nesta actividade é necesario cubrir unha ficha cos datos persoais, co obxectivo de poder poñer en contacto a diferentes usuarios que teñan intereses comúns, especialmente polo in¬tercambio lingüístico. Unha vez cuberta, a ficha debe depositarse no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, lugar no que tamén terá lugar o primeiro encontro.

Dúbidas e máis información no Departamento de Xuventude:
CSC e Xuvenil Municipal do Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
15701 Santiago de Compostela
Tlfno: 981 543 001 / Fax: 981 543 002
e-mail: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Compartir: