ACCIDENTE FERROVIARIO
María Esperanza tivo palabras de agradecemento para "os que nos acompañaron na pena". En especial, referiuse aos veciños de Angrois, pero tamén a profesionais, voluntarios, doantes e, en xeral "aos que compartiron o noso choro e a quen se compromete a non esquecer xamais". E aos feridos envioulles unha mensaxe de loita para saír adiante e vivir tanto por eles mesmos como polos que xa non están.
A continuación interveu Xosé Anxo Puga, presidente da Asociación de Veciños de Angrois, en representación dos habitantes desta parroquia compostelá. Afirmou non ter palabras ante a dor das familias, pero transmitiulles o apoio de Angrois e de Santiago de Compostela, onde desexou que algún día logren esa "paz interior" que atopan moitos peregrinos. Completou a intervención outro veciño de Angrois, Isidoro Castaño, quen leu un poema de José Ángel Valente.
Finalmente, tomou a palabra unha das profesionais que participou no operativo de atención ás vítimas, a psicóloga Ana Martínez, quen dixo non imaxinar a dor das familias, pero fíxolles chegar "o apoio de todos". "O contacto con vos ensinounos a ser máis humanos e mellores profesionais", indicou, engandido que "quedan ao voso carón familias e amigos, cos que veredes nalgún momento o final do túnel".
Tamén agradeceu o traballo de todos os profesionais e, sobre os veciños de Angrois, afirmou que "perdurarán na nosa memoria", xa que grazas a eles "sabemos que os heroes existen" e "sentímonos todos mellores persoas". Ana Martínez pechou a sua intervención cun poema doutra persoa que participou no operativo, Concha Rousío, no que se lembraban as diversas procedencias das vítimas.
O acto, aberto á cidadanía, pechouse coa lectura de dous poemas – "Elexía a Luis Pimentel", de Uxío Noveneyra, e un verso de Follas Novas, de Rosalía de Castro- e coa interpretación do himno galego a cargo de Xosé Manuel Budiño e a Real Filharmonía de Galicia.
Homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario en San Domingos de Bonaval
31/07/2013 O antigo cemiterio de San Domingos de Bonaval acolleu un acto de homenaxe civil ás vítimas do accidente ferroviario do pasado 24 de xullo organizado polo Parlamento de Galicia, a Xunta e o Concello de Santiago. O alcalde, Ángel Currás, e a Corporación asistiron a esta cerimonia, na que interviñeron representantes dos familiares, dos veciños de Angrois e dos equipos que participaron no dispositivo de emerxencia.
Unhas peza musicais interpretadas por Xosé Manuel Budiño e Uxía abriron un acto no que se deu lectura dos nomes dos falecidos. Trinta segundos de silencio e a interpretación de "Negra sombra" pola Real Filharmonía de Galicia precederon a intervención de María Esperanza Valle Pereira, que perdeu a súa parella no accidente. Falou dun accidente no que "se foron moitos dos nosos soños e esperanzas", agardando que "o tempo poida aliviar o inmenso baleiro das familias".María Esperanza tivo palabras de agradecemento para "os que nos acompañaron na pena". En especial, referiuse aos veciños de Angrois, pero tamén a profesionais, voluntarios, doantes e, en xeral "aos que compartiron o noso choro e a quen se compromete a non esquecer xamais". E aos feridos envioulles unha mensaxe de loita para saír adiante e vivir tanto por eles mesmos como polos que xa non están.