ACCIDENTE FERROVIARIO
Oficiou o funeral o arcebispo compostelán, Julián Barrio, quen na súa homilía ofreceu palabras de consolo aos familiares, aínda recoñecendo que "non é fácil comprender e aceptar" a perda de tantas vidas humanas. Neste momento tamén tivo un recordo para as 39 vítimas do accidente de autobús rexistrado na rexión italiana de Campania.
Para os feridos, Julián Barrio desexou unha "pronta recuperación". Tampouco se esqueceu dos veciños de Angrois, cuxa axuda cualificou como "signos de luz no misterio da morte e a dor" e de todos os que, co "seu esforzado traballo", colaboraron para "paliar a inmensa dor".
Rematada a cerimonia, os Príncipes de Asturias, a Infanta Elena e outras autoridades achegáronse ata os familiares para darlles o seu pésame.
Multitudinaria despedida ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois
29/07/2013 A Catedral de Santiago acolleu o funeral oficial polas 79 vítimas do accidente ferroviario de Angrois, acontecido o pasado 24 de xullo. Familiares das vítimas asistiron a esta cerimonia, que tamén se puido seguir a través dunha pantalla xigante dende a praza da Quintana.
Presidiron esta cerimonia os Príncipes de Asturias e a Infanta Elena, en representación da Casa Real. Ademais, asistiron o presidente do Goberno, Mariano Rajoy; o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o alcalde compostelán, Ángel Currás, entre outras autoridades civís e militares. Así, tamén participaron varios ministros e presidentes autonómicos.Oficiou o funeral o arcebispo compostelán, Julián Barrio, quen na súa homilía ofreceu palabras de consolo aos familiares, aínda recoñecendo que "non é fácil comprender e aceptar" a perda de tantas vidas humanas. Neste momento tamén tivo un recordo para as 39 vítimas do accidente de autobús rexistrado na rexión italiana de Campania.